

A principal razon pola que escollemos como proxecto a creación dunha páxina web é a facilidade de uso. Manexar unha páxina web non supón ningún tipo de dificultade incluso para alguen que ten pouca experiencia coas TIC. Ademais consideramos que a páxina web pode resultar máis dinámica e interactiva ca o resto de opcións e ese era o noso principal obxectivo: que non se tratase dun texto infinito sen imaxes e que vos permitira a opción de indagar e interactuar a través do proxecto en cuestión. O feito de que a través de Wix se permita incluír na páxina web imaxes, cuestionarios, valoracións, recursos interactivos... fixo que definitivamente inclinaramos a balanza cara a elección da páxina web.
Os outros dous tipos de proxectos que nos chamaron a atención foron a creación dunha radio e dunha revista escolar. Estas dúas opcións foron descartadas pois, no caso da radio escolar, non todos os compoñentes do grupo contamos co material necesario polo que resultaba totalmente inviable, e no caso da revista dixital a pesar de si permitir a incrustración de diferentes recursos interactivos, consideramos que as posibilidades de interacción que ofrece a páxina web eran superiores.
Por outra banda, a opción do e-book, a pesar de parecernos interesante non nos parecía o medio máis adecuado en termos de interactividade.