
A través desta imaxe, quixemos comparar a secuenciación dos recursos co traxecto que debe levar a auga do río Miño (alumnado) para chegar ata a súa desembocadura (aprendizaxe efectiva)
1º. Poster Dixital
En primeiro lugar atopamos o Poster Dixital o cal podemos empregar a modo de presentación da unidade didáctica. Nel, atopamos todo tipo de recursos introdutorios: vídeos, aplicacións de móvil, webs e xogos do ordenador (sinxelos e útiles). A través desta actividade o alumnado terá unha primeira toma de contacto co Río Miño e todos os aspectos que engloba.
2º. WebQuest
En segundo lugar atopamos a WebQuest; consideramos que, unha vez o temario avanza no aula, podemos realizar este traballo de investigación. A través del os nenos e nenas traballarán a importancia do coidado do medio ambiente investigando acerca de temas relacionados coa perda de diversidade e contaminación dos ríos causada polo ser humnao. A través desta viaxe de investigación, os nenos e tomarán conciencia co entorno natural a través do seu entorno máis cercano: O Río Miño.
3º. Audiovisual
Unha vez o alumnado realizou a WebQuest, a súa concienciación co medio ambiente debería estar xa presente, así como o seu coñecemento acerca de como afectan as accións do ser humano ao entorno. Para reforzar este contido e ademais, propor solucións para a mellora do medio ambiente, o alumnado deberá realizar a grabación dun audiovisual centrándonos no reciclaxe no que eles/as mesmos/as serán os protagonistas.
4º. Actividades Edilim
No último lugar situamos as actividades de Edilim, estas actividades é preciso realizalas unha vez traballados os contidos dos recursos anteriormente sinalados. Estas actividades poden funcionar a modo de reforzo e será un bo recurso para que o alumnado sexa consciente dos seus propios coñecementos. Inclúe diversos tipos de actividades: Sopas de letras, crebacabezas, xogos de parellas,…
Tendo en conta os recursos didácticos elaborados e a intención de acadar a formación do alumnado decidimos que a orde máis adecuada para acadar unha aprendizaxe real, efectiva,e duradeira sería: Poster Dixital, Webquest, Audiovisual, e por último, as actividades de Edilim.
Posicionando o cursor sobre a imaxe da desembocadura do río Miño aparecerán, en distintas zonas do curso do río, os distintos recursos enumerados. So deberás facer clic enriba das imaxes dos recursos e automaticamente accederás a eles.
_p.png)


